Wednesday 15 de May de 2024

Dez novos axentes reforzan desde hoxe a plantilla da Policía Local da Coruña


A alcaldesa recibiu aos novos axentes do corpo, ao que se incorporarán 30 máis a principios do ano que vén ata chegar a 361 profesionais no servizo

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá no Palacio  Municipal de María Pita a dez novos axentes da Policía Local. Os novos axentes incorporaranse directamnente ao servizo activo. Además, na plantilla figuran tamén outros 18 axentes recentemente incorporados e aínda en período de prácticas.

A rexedora destacou o compromiso do seu Goberno municipal coa ampliación do corpo de Policía Local da cidade. Rey estivo acompañada pola concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz. “Desde que gobernamos levamos convocadas todas as prazas que permite a lexislación, o que corrobora a mellora da seguridade cidadá con máis axentes nas rúas a diario”, apunta a rexedora.

Segundo avanzou a alcaldesa, a principios de 2024 chegarán á Coruña 30 axentes máis como resultado das últimas convocatorias. Desde o 2018 a oferta de prazas chega a 106, incluíndo os 30 que chegarán no vindeiro exercicio e que elevarán a plantilla a 361 funcionarios. “Continuamos avanzando e dándolle a importancia que merece a un corpo que asume a diario amplas responsabilidade que moitas veces van máis alá das súas competencias”, sinalou Inés Rey, quen agradeceu a todos os integrantes da Policía Local coruñesa a súa adicación en entrega ao traballo que realizan en toda a cidade.